SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

FORMACIÓN

FORMACIÓN

  • CIOV-Obradoiro de Slam, maio 2018

    CIOV-Obradoiro de Slam, maio 2018

    Rematado o prazo de inscrición

    A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro gratuíto de Slam, de 2’5 horas (impartido por Silvia Penas)

    Para maiores de 16 anos.

    O obradoiro terá lugar o martes, 22 de maio de 2018 no Instituto Municipal de Educación-IME (camiño do Chouzo, 2) de 18:00 a 20:30 (prégase puntualidade)

    Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo, idade e teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (deben poñer no asunto: obradoiro slam)

    Ver máis…
  • Curso de auga doce, febreiro-marzo 2018

    Curso de auga doce, febreiro-marzo 2018

    Rematado o prazo de inscrición
    O curso dos ríos, vertebradores desde sempre do noso territorio e da nosa relación co espazo, empregados como fonte de recurso e incorporados ao noso patrimonio inmaterial na elaboración de lendas, mitos, léxico ou fraseoloxía, atesouran unha grande riqueza lingüística e cultural que é de todas e de todos, de aí a importancia de dala a coñecer e facilitar o acceso a ela.
    Neste curso profundaremos no coñecemento dalgúns aspectos da lingua galega seguíndomos os cursos dos nosos ríos e regatos, e de todo canto medrou e medra ao longo das súas bacias e máis da historia que os acompaña, ese outro río.

    O curso remata cunha saída a uns muíños vigueses e a un bosque de ribeira.

    O curso é de balde e está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística.

    Ver máis…
  • Curso de achegamento á lingua galega "Achégate ao galego, nivel básico", febreiro-marzo-abril 2018

    Curso de achegamento á lingua galega "Achégate ao galego, nivel básico", febreiro-marzo-abril 2018

    Rematado o prazo de inscrición. Completas todas as prazas
    O curso Achégate ao galego nivel básico está dirixido a persoas, de dentro e fóra de Galicia, sen apenas coñecementos do idioma, que procuran formación para se iniciar na lingua galega e acadar unha competencia básica no uso do galego estándar.

    O obxectivo primordial deste curso é familiarizarse coa lingua galega dun modo práctico e dinámico, dotando o alumnado dos recursos necesarios para desenvolver as habilidades lingüísticas básicas (escoitar, falar, ler e escribir), que lle permitan satisfacer as súas necesidades de comunicación máis primarias.

    Mediante a exposición directa na aula a un uso vivo do idioma, fomentaremos a participación activa do alumnado, concentrándonos nas dificultades da aprendizaxe, para resolver as principais dúbidas coas que acotío se enfrontan os usuarios do galego.

    O curso é de balde e está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística.
     
    Ver máis…
  • Curso de achegamento á lingua galega "Achégate ao galego nivel 2", outubro-novembro 2017

    Curso de achegamento á lingua galega "Achégate ao galego nivel 2", outubro-novembro 2017

    REMATADA

    O curso Achégate ao galego nivel 2 está concibido como unha continuación da formación adquirida nos cursos de achegamento dos niveis anteriores (0 e 1) e diríxese a todas aquelas persoas, de dentro e fóra de Galicia, que posuíndo uns coñecementos xerais do idioma e tendo algunha formación previa en lingua galega, busquen mellorar e ampliar a súa competencia lingüística no uso do galego estándar.

    Proba de nivel: Co obxecto de conseguir unha maior homoxeneidade na formación do grupo e garantir o máximo rendemento e aproveitamento do curso, no primeiro día de clase farase unha proba de nivel para avaliar o grao de competencia e o nivel de dominio do idioma do alumnado.

    Datas: 9, 11, 16, 18, 23, 25 e 30 de outubro; 6, 8, 13, 15, 20, 22, 27, 28 e 29 de novembro de 2017

    Horario: Os luns e os mércores, de 18.30 a 21.00 horas

    Lugar: 2.º andar do Centro Local de Emprego e das Ocupacións (edificio Fernando Carreras, da rúa Areal-O Porto -antiga reitoría-)

    Inscrición: Deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (poñer no asunto: curso galego nivel 2)

     

    Ver máis…
  • Curso de escritura creativa para adultos. Obradoiro literario "Aliteraclara", outubro-novembro 2017

    Curso de escritura creativa para adultos. Obradoiro literario "Aliteraclara", outubro-novembro 2017

    REMATADA
    Impartido pola escritora Clara do Roxo

    1. Coñeceremos os elementos para dar formar ao texto
    2. Utilizaremos pequenos textos de autoras e autores de estilos diferentes para facer unha lectura crítica sobre eles
    3. Elaboraremos textos literarios propios en cada sesión
    4. Aprenderemos a crear personaxes e situacións literarias
    5. Faremos un exercicio de síntese, aprenderemos a desprendernos do que sobra no texto unha e outra vez ate atopar a verdadeira esencia da escrita

     

    Ver máis…
  • CIOV-Obradoiro de improvisación teatral outubro-novembro 2017

    CIOV-Obradoiro de improvisación teatral outubro-novembro 2017

    REMATADA

    A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro de improvisación teatral, de 28 horas.

    O obradoiro será fundamentalmente práctico. Calquera concepto teórico desenvolverase a partir das problemáticas prácticas que xurdan no desenvolvemento das clases.

    Este obradoiro está destinado a maiores de 18 anos non profesionais no eido das artes escénicas.

    O obradoiro terá lugar os días 10, 17, 24, 31 de outubro; 7, 14, 21, 28 de novembro de 2017, de 17:00 a 20:00, no IME-Instituto Municipal de Educación (camiño do Chouzo, 2-salón de actos)

    Para se inscribir deben enviar un correo electrónico a actividades.snl@vigo.org, co seu nome completo e teléfono (poñer no asunto: obradoiro teatro)

    Ver máis…
  • CIOV-Cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo, curso outubro 2017-maio 2018

    CIOV-Cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo, curso outubro 2017-maio 2018

    REMATADA

    A Concellaría de Normalización Lingüística, a través do CIOV (Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo), continúa cos cursos de achegamento á improvisación oral en verso e á narración oral
    Tal e como vimos facendo noutros anos, as aulas van programarse desde outubro a maio, curso 2017-2018, en horario de tarde
    O CIOV está no camiño do Chouzo, 2, no Instituto Municipal de Educación (IME)-aula 17
    Os cursos son gratuítos

    As persoas interesadas nestes cursos deben enviar o seu nome completo e teléfono ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (poñer no asunto: cursos ciov)

    Ver máis…
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL