Obradoiro de recursos informáticos para traballar en galego (outubro 2020)
NON HAI PRAZAS VACANTES. Non envíen máis solicitudes de inscriciónDatas e horario: 13, 15, 20, 22, 27, 29 de outubro de 2020 (de 17:00 a 19:30).
Total: 15 horas
Lugar: Auditorio Mar de Vigo (entrada pola porta da UNED-Avda. Beiramar, 59)
Impartido por: Miguel Solla
PARA INSCRIBIRSE:
Inscricións de balde na web do Servizo de Normalización Lingüística cubrindo o formulario inscricion (deben poñer no título da actividade: recursos informáticos)
Por mor da Covid-19, as persoas deben levar os seus propios ordenadores portátiles, así como máscara e material propio.
Terán que cumprir as normas do protocolo(1) Covid que se establecerá para o obradoiro.
(1) O protocolo achegaráselles para o seu coñecemento no momento da preinscrición, e terá que ser remitido (asinado) ao Servizo de Normalización Lingüística 1 día antes do inicio do obradoiro.
Ver máis…