Obradoiro de voz e comunicación EN LIÑA (novembro-decembro 2020)
CURSO EN LIÑA, o alumnado debe dispoñer de ordenador ou tablet con micrófono e altofalantes para poder seguir as aulas (non se pode utilizar un teléfono móbil)
O curso estrutúrase en tres fases (estas fases son independentes entre si. Son fases indivudiais que se poden facer as tres fases, ou só unha, ou dúas):
1.-Iniciación do curso (días 27 e 3)
Avanzado: 2.-voz falada (días 10, 11) e 3.-voz cantada (días 17 ,18)
DATAS E HORARIO:
Datas: 27 de novembro; 3, 10, 11, 17, 18 de decembro de 2020
Horario:de 17:00 a 20:00
PARA INSCRIBIRSE:
Inscricións de balde na web do Servizo de Normalización Lingüística cubrindo o formulario inscrición (deben poñer no título da actividade: obradoiro de voz e teñen que especificar que fase/s van facer do curso)
O curso é gratuíto.
Impartido por: Esperanza Mara Filgueira Mara (emanArte)
No obradoiro trallaremos o dominio da voz a través da adquisición dos conceptos técnicos necesarios de forma amena, combinando contidos teóricos con práctica.
CONTIDOS:
- APARELLO RESPIRATORIO, FONADOR, RESOADOR E ARTICULATORIO:
Exploraremos o noso aparello respiratorio, fonador, resoador e articulatorio. Controlar a respiración é fundamental para calquera persoa que traballe coa voz. Avaliaremos o noso rexistro vocal...
- TÉCNICA DE COMUNICACIÓN:
Falar non é o mesmo que comunicar. A voz como elemento expresivo. Da comunicación non verbal á comunicación verbal. A linguaxe preverbal
- CUESTIÓNS TÉCNICAS DO DOMINIO DA VOZ
A respiración como medio de expresión. Inflexións da voz para a expresión de conceptos. Que debemos ter en conta para manter a voz saudable?
Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.