O presente aviso legal regula o uso do servizo do portal de Internet http://snl.vigo.org, que a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo pon a disposición das persoas usuarias de Internet. Esta entidade ten o seu enderezo na praza do Rei núm.1, (36202) Vigo - Galicia (España) e está prevista de CIF P3605700H.
A persoa usuaria comprométese a empregar o portal e os servizos de conformidade coa lei, o presente aviso legal, os bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública. Este sitio web ten como finalidade facilitar información ás persoas usuarias sobre a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, non estando autorizadas a modificar, copiar, distribuír, transmitir, divulgar, utilizar, reproducir, publicar, licenciar, ceder, vender ou crear traballos derivados do mesmo sen previa autorización.
A instalación de ligazóns que permitan acceder a sitios web xestionados por terceiros ten por único obxecto facilitar ás persoas usuarias o acceso á información, contidos e servizos dispoñibles en Internet. É imposible que asumamos responsabilidade algunha pola información contida, con todo, comprometémonos a retirar ligazóns no caso de ter coñecemento da existencia de contidos ilícitos ou que lesionen dereitos de terceiros.
A información contida neste sitio web pode conter erros tipográficos, imprecisións e inexactitudes, que se procederán a emendar tan axiña como se detecten, sen que isto derive nunha responsabilidade maior.
A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo é titular dos dereitos de propiedade intelectual derivados dos elementos que integran a súa páxina web ou dispón da correspondente autorización para a súa utilización. Neste portal cóidanse moito os dereitos de propiedade intelectual, polo tanto todas as fotografías son propiedade desta entidade ou lle foron concedidas co consentimento expreso da persoa propietaria.
Esta entidade resérvase o dereito a modificar os termos, condicións e comunicacións, sempre dentro do marco legal vixente, nos que se basea este sitio web. Con carácter xeral, as relacións que se deriven da prestación dos servizos contidos na web, están sometidas á lexislación e a xurisdición española.