SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Formación

Formación

Obradoiro de iniciación á escrita creativa (outubro, novembro e decembro de 2020)

Obradoiro de iniciación á escrita creativa (outubro, novembro e decembro de 2020)

Días e horario: (os xoves) 15, 22, 29 de outubro; 5, 12, 19, 26 de novembro; 3, 10, 17 de decembro de 2020; de 18:00 a 20:15

Lugar:  Auditorio Mar de Vigo, 5ª planta (entrada pola porta da UNED-Avda. Beiramar, 59)

Impartido por: Andreia Costas Otero

Inscrición: de balde, realízase na páxina web da Concellaría de Normalización Lingüística cubrindo o formulario inscrición (Teñen que poñer no título da actividade: escrita creativa)

A partir dos 18 anos.

Gustaríache sacar todo o teu potencial creativo na escrita? Queres desenvolver as túas habilidades para un conto/relato en galego? Si a resposta é afirmativa, este é o teu obradoiro.

Na neuroloxía sábese que o coñecemento dun idioma fortalece a capacidade cognitiva e enriquecémonos como persoas co seu dominio. Un dos xeitos máis fermosos de medrar e practicar o emprego da nosa lingua de xeito creativo. Por iso propoñémoste unha aventura: atopar as túas fontes de inspiración e plasmalas. Neste camiño, xuntas, amosaremos formas literarias para que teñas a liberdade de rexeitalas ou non.

Usaremos a nosa lingua como unha experiencia vital sen restricións de medos ou prexuízos. Achégate a este obradoiro presencial para practicar o uso do galego dunha forma lúdica e interactiva, para que atopes o teu estilo: ficción, autobiográfico, ensaio, histórico… Empregaremos ferramentas para sacar historias que nos engaiolen e as chaves para acceder a “fervenza” inesgotable do teu talento.

Tamén analizaremos textos de narrativa breve para acadar co abano de posibilidades e reflectir na escrita a vida da nosa personaxe literaria con máis credibilidade e contido.

Experimentaremos co corpo, cos sentidos e as emocións para catalizalas na nosa escrita con paixón e gozo. Pois esas son as historias necesarias que fan afouteza dun pobo; o galego.

Este é un obradoiro de iniciación a técnica da escrita. Aprenderemos formatos e recursos para escribir narrativa breve en galego dun xeito lúdico, interactivo e creativo.

 


Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

 

 


Por mor da Covid-19, as persoas deben levar máscara e material propio.Terán que cumprir as normas do protocolo Covid que se establecerá para o obradoiro.
O protocolo achegaráselles para o seu coñecemento no momento de preinscrición e terá que ser remitido (asinado) ao Servizo de Normalización Lingüística 1 día antes do inicio do obradoiro.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL