Obradoiro de Escrita dramática (outubro-novembro 2020)
Datas: 19, 21, 26, 28 de outubro; 3, 10, 17, 24 de novembro de 2020
Horario: 17:30 a 20:00 (prégase puntualidade)
Lugar: Auditorio Mar de Vigo, 5.ª planta [aula 5.7], (Avda. Beiramar, 59-entrada pola porta da UNED)
Impartido por: Ernesto Suárez Is
Para: Maiores de 18 anos
A inscrición, de balde, realízase na páxina web da Concellaría de Normalización Lingüística (snl.vigo.org) cubrindo o formulario Inscrición (Cómpre poñer no asunto: escrita dramática)
Este obradoiro ofértase a todas aquelas persoas interesadas no teatro –profesionais ou non– e, máis concretamente, na escrita dramática. Desde unha formulación eminentemente práctica, coñeceremos e traballaremos na aula con todos os elementos necesarios para a elaboración dunha composición dramática.
O obxectivo principal deste curso é desenvolver e potenciar as habilidades creativas das participantes, dotándoas de todas as ferramentas necesarias para o entendemento e comprensión da dramaturxia e orientándoas na creación das súas propias escenas.
Por mor da Covid-19, as persoas deben levar máscara e material propio.Terán que cumprir as normas do protocolo Covid que se establecerá para o obradoiro.
Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.