SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

FORMACIÓN

FORMACIÓN

  • Curso de auga doce, xaneiro-febreiro 2017

    Curso de auga doce, xaneiro-febreiro 2017

    REMATADA

    O obxectivo do curso é achegarse á lingua galega a través do curso dun río.
    Non é un curso de galego se por iso entendemos gramática, ortografía, sintaxe... Mais si é unha acción formativa do galego xa que imos ampliar o noso coñecemento da lingua propia de Galicia.
    A auga doce será o fío condutor desta actividade, que nos levará polo léxico, a fraseoloxía ou a toponimia, baixo varios bloques temáticos:
    Auga e relevo
    Auga e vida
    Auga e aproveitamento tradicional
    Auga e fogar
    Auga, saúde e lecer

    Achegarémonos á realidade de Vigo na súa copiosa relación coa auga (neste caso auga doce): ríos e regueiros, hidronimia, muíños, bosques de ribeira, rituais relacionados coa auga...
    O curso remata cunha saída a uns muíños vigueses e a un bosque de ribeira.

    Ver máis…
  • Cursos de sombras chinesas con Tanxarina, outubro 2014

    Cursos de sombras chinesas con Tanxarina, outubro 2014

    Xa podes inscribirte nos obradoiros de sombras chinesas impartidos por Tanxarina e que terán lugar no Verbum
    Os cursos son gratuítos.
    Para se inscribir cómpre enviar cuberto o boletín de inscrición (ou ben é suficiente poñer a información solicitada no corpo do correo) ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org
    Achegámosvos os dous boletíns.
    As prazas son limitadas.

    Ver máis…
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS TOPONIMIA DE VIGO RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL