Por mor dun cambio nos traballos de Silvia Penas, non lle é posible impartir estes módulos de poesía do CIOV.
A nova mestra será Vanessa Glemsel (achégase o seu CV en documentación).
Obxectivos:
-Fomentar o interese por descubrir a beleza e a mensaxe que todo bo poema achega.
-Atender ás diferenzas individuais do alumnado e descubrir neles e nelas posibles aptitudes poéticas e de interpretación dramática.
-Introducilos no coñecemento dos valores poéticos cos que conta a lingua galega e a poesía galega tradicional e contemporánea.
-Desenvolver a memoria e a imaxinación.
-Alcanzar maior riqueza léxica, dominio e articulación, entoación e pronunciación, así como maior destreza para a oralidade: falar, expoñer, comunicar en público.