Curso de achegamento á lingua galega "Achégate ao galego, nivel básico", febreiro-marzo-abril 2018
Rematado o prazo de inscrición. Completas todas as prazasO curso Achégate ao galego nivel básico está dirixido a persoas, de dentro e fóra de Galicia, sen apenas coñecementos do idioma, que procuran formación para se iniciar na lingua galega e acadar unha competencia básica no uso do galego estándar.
O obxectivo primordial deste curso é familiarizarse coa lingua galega dun modo práctico e dinámico, dotando o alumnado dos recursos necesarios para desenvolver as habilidades lingüísticas básicas (escoitar, falar, ler e escribir), que lle permitan satisfacer as súas necesidades de comunicación máis primarias.
Mediante a exposición directa na aula a un uso vivo do idioma, fomentaremos a participación activa do alumnado, concentrándonos nas dificultades da aprendizaxe, para resolver as principais dúbidas coas que acotío se enfrontan os usuarios do galego.
O curso é de balde e está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística.