SNL
Na Concellaría de Normalización Lingüística (CNL) están delegadas as funcións en materia de normalización lingüística do Concello de Vigo e os seus obxectivos son:

Incrementar o uso e prestixio da lingua galega en todos os ámbitos e en todo o termo municipal cara a conseguirmos a normalidade lingüística.

Garantir os dereitos lingüísticos das e dos cidadáns.

Proporcionar recursos e apoios necesarios cara á incorporación do galego na actividade cotiá desta administración e por parte da cidadanía, empresas e entidades sitas en Vigo.

Implicar no proceso de normalización lingüística as diferentes entidades da sociedade viguesa e as institucións públicas da cidade.

Recuperar o patrimonio inmaterial galego.

Para desenvolver todo este proxecto contamos con:
Para acadar estes obxectivos levamos a cabo as seguintes accións:

Potenciar o papel da Administración municipal como institución referente na promoción da lingua galega.

Implicar no proceso de normalización lingüística as diferentes entidades da sociedade viguesa e as institucións municipais.

Planificar as actuacións dinamizadoras e determinar os criterios de política lingüística que asumirá o concello a partir do marco lexislativo existente, da realidade sociolingüística e tendo como marco o Plan de normalización lingüística de Vigo.

Xestionar, dirixir e avaliar campañas de dinamización lingüística.

Xestionar, dirixir e avaliar actuacións desenvolvidas para un maior e mellor coñecemento da lingua galega e da súa realidade sociolingüística.

Xestionar, dirixir e avaliar actuacións desenvolvidas para un maior e mellor coñecemento da lexislación lingüística.

Podes descargar os nosos logotipos aquí.
SNL