Curso de Narración oral (outubro-novembro-decembro 2020)
Datas: (xoves) 22, 29 de outubro; 5, 12, 19, 26, de novembro; 3, 10 de decembro de 2020. Bloque 1 impartido por Bea Campos
Horario: de 16:45 a 19:45 (3 horas)
Lugar: Auditorio Mar de Vigo, 5ª planta [aula 5.3] (entrada pola porta da UNED-Avda. Beiramar, 59)
Inscrición: de balde na web do Servizo de Normalización Lingüística cubrindo o formulario inscrición (deben poñer no título da actividade: narración oral)
O curso continurá no ano 2021 ata maio cos bloques 2 e 3 impartidos polas profesoras Paula Carballeira e Raquel Queizás
Contidos a traballar:
-A tradición oral, a literatura popular. Investigación de ditos e contos na nosa contorna. Creación dun libro da memoria.
-O conto tradicional. Animais, costumes e marabillosos.
-O álbum ilustrado.
-Libro xogo.
-Contos para bebés, contadas familiares e para adultos
-O quecemento vocal. Coñecer a nosa voz.
-Expresión oral. Ritmo, ton e pausa.
-O narrador e as personaxes.
-Expresión corporal na narración oral. Mans e cara.
-Espazo e organización dunha sesión de contos.
Por mor da Covid-19, as persoas deben levar máscara e material propio. Terán que cumprir as normas do protocolo Covid que se establecerá para o obradoiro.
Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.