SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Formación

Formación

Curso de improvisación oral en verso (2020-2021)

Curso de improvisación oral en verso (2020-2021)

Datas: (luns) 19, 26 de outubro; 2, 9, 16, 23, 30 de novembro; 14, 21 de decembro de 2020. O curso continuará os luns no ano 2021 ata maio

Horario: de 17:45 a 20:15

Lugar: Auditorio Mar de Vigo, 5ª planta (entrada pola porta da UNED-Avda. Beiramar, 59)

Impartido por: Josinho da Teixeira

 

Inscrición: de balde, na web do Servizo de Normalización Lingüística cubrindo o formulario inscrición (deben poñer no título da actividade: improvisación en verso)

Obxectivos xerais:
- Dar a coñecer a poesía oral improvisada en verso
- Intentar espertar o interese pola práctica desta técnica
- Conseguir ao remate deste curso que o alumnado sexa quen de improvisar en verso
- Aumentar as nosas competencias persoais no fomento das actitudes para a improvisación, da actitude creativa, do desenvolvemento da memoria
- Aumentar as competencias lingüísticas e escénicas na expresión oral e na dimensión lúdica da lingua
- Aumentar a competencia musical
- Vincular o alumando co noso patrimonio cultural, tomar conciencia deste legado e da necesidade de recuperalo, valoralo e transmitilo


Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

 

Por mor da Covid-19, as persoas deben levar máscara e material propio.Terán que cumprir as normas do protocolo Covid que se establecerá para o obradoiro.
O protocolo achegaráselles para o seu coñecemento no momento de preinscrición e terá que ser remitido (asinado) ao Servizo de Normalización Lingüística 1 día antes do inicio do obradoiro.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL