Xornadas sobre recursos educativos para traballarmos en galego (10, 17, 24 de febreiro de 2022)
Pechado o prazo de inscriciónA Concellaría de Normalización Lingüística organiza unhas xornadas sobre recursos educativos para traballar nas aulas (pero non só) en galego.
Estas xornadas teñen como obxectivo achegar recursos para traballar en diferentes materias e tamén fóra das aulas, en lingua galega.
As xornadas van realizarse no Verbum, entre as 17:00 e as 20:00 (agás o día 17 de febreiro que será o inicio ás 16:30), os días 10, 17 e 24 de febreiro (xoves todos eles).
O día 17 deben levar un ordenador portátil ou unha tablet por ser imprescindible para unha das ponencias.
Para se inscribir cómpre encher a ficha que achegamos a seguir
Ver máis…