SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Formación

Formación

Xornadas sobre recursos educativos para traballarmos en galego (10, 17, 24 de febreiro de 2022)

Xornadas sobre recursos educativos para traballarmos en galego (10, 17, 24 de febreiro de 2022)

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza unhas xornadas sobre recursos educativos para traballar nas aulas (pero non só) en galego.
Estas xornadas teñen como obxectivo achegar recursos para traballar en diferentes materias e tamén fóra das aulas, en lingua galega.

As xornadas van realizarse no Verbum, entre as 17:00 e as 20:00  (agás o día 17 de febreiro que será o inicio ás 16:30), os días 10, 17 e 24 de febreiro (xoves todos eles).

O día 17 deben levar un ordenador portátil ou unha tablet por ser imprescindible para unha das ponencias.

Para se inscribir cómpre encher a ficha que achegamos a seguir

Asemade queren ser lugar de encontro para profesorado e para todas aquelas persoas que teñan inquedanzas sobre a normalización da lingua galega (especialmente no ensino e na mocidade). E, por último mais non por iso menos importante, servir para coñecernos e coñecer os proxectos que dende os centros educativos se realizan e mesmo procurar posibles centros cos que realizar ese mesmo proxecto ou outros en vindeiras ocasión.

Como pretenden ser xornadas de reflexión, encontro e información haberá relatorios (por exemplo Manuel Núñez Singala: "En galego por que non?") obradoiros prácticos (por exemplo un de subtitulación por conta da profesora da UVigo, Lourdes Lorenzo) mentres que noutros relatorios combínase a práctica coa información máis "teórica". Nestes teremos obradoiros de slam (Silvia Penas), Kike Fontán achegará información e actividades sobre as novas tecnoloxías aplicadas ao ensino (realidade virtual, aumentada, intelixencia artificial, ciberseguridade...);  sobre o xogo  como ferramenta didáctica e normalizadora falarannos Xandobela.  Aulas Galegas ofrecerán unha ventá aberta a recursos didácticos dirixidos a familias, profesorado e alumnado...
E temos participación do profesorado, en concreto dúas profesoras; unha Coloma Romero de Primaria, que nos dará a coñecer o proxecto "Estacións de aprendizaxe" desenvolvido no CEP Celso Emilio Ferreiro.
Olga Nogueira Fernández, do IES Ricardo Mella, exporá a súa experiencia do pasado curso que este ano comparte con outros centros: "Unha semaniña enteira"
E por último, a propia concellaría vai mostrar a súa nova páxina web, para nos deter nos recursos que achegamos dende esta mesma.

 

 

Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL