SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

FORMACIÓN

FORMACIÓN

  • Monográfico arredor da oralidade. Programación do CIOV (30 de abril de 2024)

    Monográfico arredor da oralidade. Programación do CIOV (30 de abril de 2024)

    Programa do acto do martes, 30 de abril de 2024 por Félix e Cástor Castro Vicente. De 17:00 20:00

    Os monstros nos pregos de cordel e na cultura popular galega

     

    Na súa comunicación os Irmáns Castro darán unha visión sobre os monstros que tratou o antropólogo Vicente Risco nos seus traballos, en ocasións procedentes de pregos de cordel e falarán destes seres na cultura popular, facilitándonos unha clasificación tipolóxica, aportando ademáis unha visión panorámica das súas investigacións e descubertas sobre Manuel Blanco Romasanta, o lobishome de Esgos, con especial fincapé na tradición oral que se conserva do caso.

     

    Non é necesaria ningunha inscrición para asistir ao monográfico.

    Ver máis…
    Datas
    Martes, 30 de abril de 2024
    Horario
    De 17:00 a 20:00
  • Monográficos arredor da oralidade. Programación do CIOV (25 e 30 de abril 2024)

    Monográficos arredor da oralidade. Programación do CIOV (25 e 30 de abril 2024)

    No mes de abril de 2024, van ter lugar os seguintes monográficos no Verbum (Avda. de Samil, 17):

    • Xoves, 25 de abril. A musicalidade da palabra por Paco Barreiro
    • Martes, 30 de abril. Os monstros nos pregos de Cordel e noutros escritos por Félix e Cástor Castro Vicente

    Non é necesaria ningunha inscrición para asistir aos monográficos.



    Programa do acto do xoves, 25 de abril de 2024 por Paco Barreiro. De 17:00 20:00

            ►A MÚSICA DA PALABRA, melodía, ritmo e silencio.


    A importancia da lingua (órgano) na expresión oral da lingua (fala). As sete vogais, execución e conciencia.
    Ritmo e intensidade, a súa relación intrínseca.
    A frase e a entoación.

    A PALABRA DA MÚSICA.

    Posibles acompañamentos musicais do texto trala busca do seu propio ritmo (poesía, narración, teatro etc.).




    Ver máis…
    Datas
    Xoves, 25 de abril de 2024
    Horario
    De 17:00 a 20:00
  • Monográficos arredor da oralidade. Programación do CIOV (19, 23, 25 e 30 de abril 2024)

    Monográficos arredor da oralidade. Programación do CIOV (19, 23, 25 e 30 de abril 2024)

    Non é necesaria ningunha inscrición para asistir aos monográficos.

    No mes de abril de 2024, van ter lugar os seguintes monográficos:


    • Venres, 19 de abril. Oratoria e filosofía de taberna por Manoel da Costa
    • Martes, 23 de abril. O feito trobadoresco na súa globalidade oral por Xabier Ron
    • Xoves, 25 de abril. A musicalidade da palabra por Paco Barreiro
    • Martes, 30 de abril. Os monstros nos pregos de Cordel e noutros escritos por Félix e Castor Castro Vicente

     

    Non é necesaria ningunha inscrición para asistir aos monográficos.

    Ver máis…
    Datas
    Venres, 19 de abril de 2024
    Horario
    De 17:00 a 20:00
  • Monográficos arredor da oralidade. Programación do CIOV (23, 25 e 30 de abril 2024)

    Monográficos arredor da oralidade. Programación do CIOV (23, 25 e 30 de abril 2024)

    No mes de abril de 2024, van ter lugar os seguintes monográficos no Verbum (Avda. de Samil, 17):

    • Martes, 23 de abril. O feito trobadoresco na súa globalidade oral por Xabier Ron
    • Xoves, 25 de abril. A musicalidade da palabra por Paco Barreiro
    • Martes, 30 de abril. Os monstros nos pregos de Cordel e noutros escritos por Félix e Castor Castro Vicente

     

    Non é necesaria ningunha inscrición para asistir aos monográficos.


    Programa do acto do martes, 23 de abril de 2024 por Xabier Ron. De 17:00 20:00

            ►A idea central é tratar o feito trobadoresco na súa globalidade oral: o texto que hoxe lemos e a melodía que se pode deducir dos Pergamiños Vindel (cantigas de amigo de Martín Códax) e o Pergamiño Sharrer (cantigas de amor do rei portugués Don Denis).
        A través dunha serie de textos debullaremos a importancia da oralidade na creación poética trobadoresca. Farémolo mergullándonos nas cantigas de escarnio e na conformación de certos ciclos coma o escándalo da Ama e veremos tamén a importancia da comunicación cifrada, segreda, para que os trobadores puidesen manifestar o seu amor á poderosa señora. Chamaremos a atención sobre formas de executar a poesía medieval (atenderemos a outras  manifestacións tal como o Poema de Mío Cid, as cancións trobadorescas en occitano e algunhas da nosa lírica).
        

    Ver máis…
    Datas
    Martes, 23 de abril de 2024
    Horario
    De 17:00 a 20:00
  • Exames de Celga 1, 2, 3 e 4 (presentación de solicitudes ata 5 de abril de 2024)

    Exames de Celga 1, 2, 3 e 4 (presentación de solicitudes ata 5 de abril de 2024)

    Rematado o prazo de presentación das solicitudes

    RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2024, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2024 (código de procedemento PL500C).

    Ver máis…
    Onde

    En Santiago de Compostela e Ponferrada

    Datas
    Rematado o prazo de presentación das solicitudes
  • Cursos Celga 2, 3 e 4 da Xunta de Galicia (inscrición do 19 de febreiro ao 8 de marzo de 2024)

    Cursos Celga 2, 3 e 4 da Xunta de Galicia (inscrición do 19 de febreiro ao 8 de marzo de 2024)

    Pechado o prazo de presentación de solicitudes

    RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

    Cursos GRATUÍTOS.

    Ver máis…
    Onde

    Celga 4 [presencial] no IES Ricardo Mella
    Estrada vella de Madrid, 177 (google maps)
    Datas: do 1.4.2024 ao 16.5.2024
    Horario: de luns a xoves, das 19.00 ás 21.30 h
    Núm. de prazas: 30

     

    Celga 2, 3 e 4 en liña

    Datas
    Prazo de matrícula: Do 19 de febreiro ao 8 de marzo de 2024
  • Exames de Celga 2, 3 e 4 (presentación de solicitudes ata 25 de setembro)

    Exames de Celga 2, 3 e 4 (presentación de solicitudes ata 25 de setembro)

    Rematado o prazo de presentación das solicitudes

    Exames de Celga (presentación solicitudes ata 25 setembro 2023)

    A Xunta de Galicia por Resolución do 4 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca as probas/exames para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento da Xunta de Galicia PL500C).


    Ver máis…
    Estado
    Rematado o prazo de presentación das solicitudes
    Onde

    En Santiago de Compostela e Ponferrada

    Datas
    Prazo de presentación das solicitudes e de pagamento da taxa (16,92 €): do 5 ao 25 de setembro de 2023
  • Cursos de Celga e linguaxe administrativa galega (setembro-decembro 2023)

    Cursos de Celga e linguaxe administrativa galega (setembro-decembro 2023)

    Rematado o prazo de presentación das solicitudes

    Diario Oficial de Galicia número 118 do xoves, 22 de xuño de 2023. Páxina 39075 e seguintes.

    Ver máis…
    Estado
    Rematado o prazo de presentación das solicitudes
    Onde

    Escolas oficiais de idiomas de Galicia

    EOI Vigo

    Datas
    Prazo presentación solicitudes: do 3 ao 14 de xullo de 2023
    Horario
    As solicitudes deberán presentarse na aplicación web da EOI dentro do prazo, do 3 ao 14 de xullo de 2023
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS TOPONIMIA DE VIGO RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL