SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Formación

Formación

Esta actividade pertence ao programa:

Meu: coñecéndonos, descubríndonos

Curso da auga salgada: Chegou o mar á ribeira (novembro-decembro 2021)

Curso da auga salgada: Chegou o mar á ribeira (novembro-decembro 2021)

Datas: 16, 18, 23, 25, 30 de novembro; 2, 9, 13, 14, 16 de decembro de 2021
Horario: de 17:00 a 19:00
Lugar: edificio Mar de Vigo, planta 5ª, aula 8 (entrada pola porta da UNED, Avda. de Beiramar, 57)  Ligazón a google maps
Saída: ao remate do curso haberá unha saída de campo a un areal que se concretará durante as clases

Para inscribirse debe cubrir o formulario “inscricións” da páxina web snl.vigo.org
No título de actividade deben poñer: auga salgada

Impartido por: Élia Doura

O mar, fonte de vida e porta aberta ao mundo, atesoura unha grande riqueza lingüística e cultural que é de todas e de todos, de aí a importancia de dala a coñecer e facilitar o acceso a ela.
Neste curso achegarémonos ao coñecemento da lingua galega a través dun percorrido pola historia da nosa cidade e do seu desenvolvemento ao longo dos séculos, só explicable pola nosa relación ancestral co medio mariño.

Curso dirixido a persoas adultas coñecedoras da lingua galega para perfeccionar o seu galego e achegarse ao noso patrimonio natural e cultural.

 

 

Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL