AMEAZAS NA REDE. Como detectalas e como defendernos ante elas (18 de novembro de 2021)
<p>No Edificio Mar de Vigo. No salón de actos da planta 4ª (entrada pola porta da UNED, Avda. de Beiramar, 57) <a href="https://www.google.es/maps/place/UNED/@42.2319311,-8.7347882,223m/data=!3m1!1e3!4m5!3m4!1s0xd2f6210e7723737:0x4cbea0b417f0409f!8m2!3d42.231547!4d-8.7346501?hl=gl">ligazón a google maps</a></p>
<p>Charla, actividades prácticas e coloquio</p>
Dirixido por: Kike Fontán e Cristina Rodríguez
1. Nós e as novas tecnoloxías: dependencia?
2. As redes sociais: as nosas publicacións
3. Boas prácticas na rede
4. Como detectar posibles ameazas
5. As ciberviolencias desde a perspectiva de xénero. Identificación e rexeitamento
- Marcos normativo e conceptual
- A violencia sexual nas redes. Tipos
- Impacto das ciberviolencias machistas
- Que facer en caso de sufrir ciberviolencia machista?
Falaremos un pouco das novas tecnoloxías e como vivimos dependendo delas até mesmo chegar ao punto de modificar o noso comportamento.
Ilustrámolo con algún xogo de psicoloxía.
Pensamos o que publicamos nas redes sociais?.
Ilustrámolo cun xogo sobre identidades e persoas falsas, para vermos que é moi fácil que nos enganen.
A importancia de aplicarmos "as boas prácticas na rede"
Hachear... non é tan difícil. Comprobamos se fomos algunha vez hackeados/as.
Como detectar posibles estafas modernas.
Ilustrámolo cun xogo no móbil (ou computador, se teñen) para comprobar as habilidades.
Ciberviolencia dende a perspectiva de xénero. Identificación e rexeitamento. Como actuar ante as ciberviolencias machistas?.