En Santiago de Compostela e Ponferrada
Exames de Celga 2, 3 e 4 (presentación de solicitudes ata 25 de setembro)
Exames de Celga (presentación solicitudes ata 25 setembro 2023)
A Xunta de Galicia por Resolución do 4 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca as probas/exames para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento da Xunta de Galicia PL500C).
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro e, de ser o caso, na primeira de decembro de 2023, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística ( http://www.lingua.gal)
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente.
Prazo de presentación das solicitudes e de pagamento da taxa correspondente (16,92 euros): do 5 ao 25 de setembro.