SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Novas

Novas

Onde

Celga 4 [presencial] no IES Ricardo Mella
Estrada vella de Madrid, 177 (google maps)
Datas: do 1.4.2024 ao 16.5.2024
Horario: de luns a xoves, das 19.00 ás 21.30 h
Núm. de prazas: 30

 

Celga 2, 3 e 4 en liña

Datas
Prazo de matrícula: Do 19 de febreiro ao 8 de marzo de 2024
Documentación
DOG da convocatoria
Cursos Celga 2, 3 e 4 da Xunta de Galicia (inscrición do 19 de febreiro ao 8 de marzo de 2024)

Cursos Celga 2, 3 e 4 da Xunta de Galicia (inscrición do 19 de febreiro ao 8 de marzo de 2024)

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Cursos GRATUÍTOS.

Os cursos, presenciais e en liña (ver anexos I e II do DOG), poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.

As persoas interesadas en inscribirse nos cursos presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal entre o 19 de febreiro e o 8 de marzo de 2024.  Tras acceder á citada plataforma, deberán identificarse co nome da persoa usuaria e contrasinal. Se unha persoa non é usuaria da plataforma, deberá crear unha conta como paso previo á inscrición.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL