Monográfico arredor da oralidade. Programación do CIOV (30 de abril de 2024)
Programa do acto do martes, 30 de abril de 2024 por Félix e Cástor Castro Vicente. De 17:00 20:00
Os monstros nos pregos de cordel e na cultura popular galega
Na súa comunicación os Irmáns Castro darán unha visión sobre os monstros que tratou o antropólogo Vicente Risco nos seus traballos, en ocasións procedentes de pregos de cordel e falarán destes seres na cultura popular, facilitándonos unha clasificación tipolóxica, aportando ademáis unha visión panorámica das súas investigacións e descubertas sobre Manuel Blanco Romasanta, o lobishome de Esgos, con especial fincapé na tradición oral que se conserva do caso.
Non é necesaria ningunha inscrición para asistir ao monográfico.
Cástor e Félix Castro Vicente (Ourense, 1970), licenciados en Dereito e Antropoloxía, son investigadores en etnografía e música galega, teñen no Arquivo Castro Vicente unha colección documental importante, que inclúe máis de cen pregos de cordel de temática galega. Ademáis son os principais investigadores do caso de Manuel Blanco Romasanta, o Lobishome de Esgos, no que teñen achegado novas perspectivas de investigación e numerosas descubertas (como foi o seu falecemento en Ceuta).
Félix Casto ademais acadou en 2020 o premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, co seu traballo Do doutor Alveiros á porta de palla. O ocultismo na obra e vida de Vicente Risco.