SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Novas

Novas

Datas
Martes, 23 de abril de 2024
Horario
De 17:00 a 20:00
Monográficos arredor da oralidade. Programación do CIOV (23, 25 e 30 de abril 2024)

Monográficos arredor da oralidade. Programación do CIOV (23, 25 e 30 de abril 2024)

No mes de abril de 2024, van ter lugar os seguintes monográficos no Verbum (Avda. de Samil, 17):

• Martes, 23 de abril. O feito trobadoresco na súa globalidade oral por Xabier Ron
• Xoves, 25 de abril. A musicalidade da palabra por Paco Barreiro
• Martes, 30 de abril. Os monstros nos pregos de Cordel e noutros escritos por Félix e Castor Castro Vicente

 

Non é necesaria ningunha inscrición para asistir aos monográficos.


Programa do acto do martes, 23 de abril de 2024 por Xabier Ron. De 17:00 20:00

        ►A idea central é tratar o feito trobadoresco na súa globalidade oral: o texto que hoxe lemos e a melodía que se pode deducir dos Pergamiños Vindel (cantigas de amigo de Martín Códax) e o Pergamiño Sharrer (cantigas de amor do rei portugués Don Denis).
    A través dunha serie de textos debullaremos a importancia da oralidade na creación poética trobadoresca. Farémolo mergullándonos nas cantigas de escarnio e na conformación de certos ciclos coma o escándalo da Ama e veremos tamén a importancia da comunicación cifrada, segreda, para que os trobadores puidesen manifestar o seu amor á poderosa señora. Chamaremos a atención sobre formas de executar a poesía medieval (atenderemos a outras  manifestacións tal como o Poema de Mío Cid, as cancións trobadorescas en occitano e algunhas da nosa lírica).
    

Pequena biografía: Xabier Ron Fernández

 

Licenciado e Doutor en Filoloxía Románica. Docente de lingua francesa, actualmente no IES Plurilingüe AMES en Bertamiráns, preto de Compostela.

Autor recente dunha monografía sobre a incidencia da oralidade no proceso creativo das cantigas amorosas da lírica profana galego-protuguesa.

A pesar de ter elaborado con outros compañeiros a primeira base da datos da nosa lírica (nun loxano 1996, xa) chamada MedDB, o certo é que a tarefa escrituraria xirou sempre ao redor de eidos afastados do apostolado dixital e que reivindican a creación a man (carpetas de pictopoemas con Xosé Poldras, fotopoemas con Irene Tomé).

Tradutor do occitano aranés e do francés ao galego. E, dentro da material medieval, sempre atento ao desexo de seguir alerta ante os pergamiños dos arquivos á procura das pingas que fagan máis nidiasas indentidades dos nosos autores trobadorescos.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL