Monográficos arredor da oralidade. Programación do CIOV (25 e 30 de abril 2024)

Non é necesaria ningunha inscrición para asistir aos monográficos.

Programa do acto do xoves, 25 de abril de 2024 por Paco Barreiro. De 17:00 20:00

►A MÚSICA DA PALABRA, melodía, ritmo e silencio.

A importancia da lingua (órgano) na expresión oral da lingua (fala). As sete vogais, execución e conciencia.
Ritmo e intensidade, a súa relación intrínseca.
A frase e a entoación.

A PALABRA DA MÚSICA.

Posibles acompañamentos musicais do texto trala busca do seu propio ritmo (poesía, narración, teatro etc.).

Francisco Martínez Barreiro é profesional do ámbito da música, do teatro e da dobraxe que estas profesións en diversas facetas: instrumentista, arranxador, compositor, actor e, esporadicamente, docente. Membro da desaparecida Agrupación Guitarrística Galega, acompañou cantautores como Pancho Salmerón, Pilocha, Xosé Manuel Conde, María Manuela, etc. Foi integrante dos grupos de música popular Luada e Anamoura e compuxo música para as compañías de teatro Máscara17, Tranvía teatro, Ollomol-Tranvía, Centro Dramático Galego, Tanxarina e The Pinga. Tamén adaptou as cancións das propostas didácticas infantís Trasnos máxicos (Xerais). Na súa discografía figura o CD Dangarandán, composto por 16 pezas da música tradicional galega arranxadas para guitarra solista. Ademais, é autor de contos, poemas, cancións e, se se terza, regueifeiro.
Volver atrás