SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Actividades

Actividades

Curso de achegamento á lingua galega "Achégate ao galego, nivel 1", febreiro, marzo, abril 2017

Curso de achegamento á lingua galega "Achégate ao galego, nivel 1", febreiro, marzo, abril 2017

REMATADA. Cubertas todas as prazas
O curso Achégate ao galego nivel 1 está concibido como unha continuación da formación adquirida no curso de achegamento do nivel 0 e diríxese a todas aquelas persoas, de dentro e fóra de Galicia, que partindo duns coñecementos básicos do idioma, busquen mellorar e ampliar a súa competencia lingüística no uso do galego estándar.

O curso, de 40 horas, é de balde.

Datas:
6, 7, 13, 14, 20, 21 de febreiro; 6, 7, 13, 14, 20, 21, 22 de marzo; 3, 4, 5 de de abril do ano 2017

Lugar: 2.º andar do Centro Local de Emprego e das Ocupacións (edificio Fernando Carreras, da rúa Areal-O Porto -antiga reitoría-)

Horario: de 18:30 a 21:00

Para inscribirse deben enviar un correo electrónico a actividades.snl@vigo.org cos seus datos (nome completo e teléfono). Poñer no asunto: curso de galego nivel 1

O curso Achégate ao galego, nivel 1 está concibido como unha continuación da formación adquirida no curso de achegamento do nivel 0 e diríxese a todas aquelas persoas, de dentro e fóra de Galicia, que partindo duns coñecementos básicos do idioma, busquen mellorar e ampliar a súa competencia lingüística no uso do galego estándar.

OBXECTIVOS:
A finalidade primordial das nosas aulas consiste en motivar e axudar o alumnado a aprender a lingua galega dun modo significativo, lúdico e dinámico, e a dotalos dos recursos necesarios para poder utilizar adecuada e eficazmente o noso idioma nun amplo repertorio de situacións comunicativas propias de diferentes ámbitos, cun grao crecente de formalidade e complexidade.

CONTIDOS:
-O tratamento dos sons, as expresións e a entoación da lingua galega.
-A expresión oral e escrita das necesidades comunicativas, afectivas e creativas en lingua galega.
-A adquisición de destrezas na produción dunha escrita útil.
-Recursos para mellorar a nosa competencia lectora: aprender a emocionar e a emocionarnos cunha historia ben contada.
-Vocabulario e rexistros relativos a diferentes situacións formais e informais presentes na vida cotiá.
-Os usos sociais da lingua, a interacción oral e o control da comunicación.

METODOLOXÍA:
Posto que a mellor maneira de aprender a escoitar, falar, ler e escribir é escoitando, falando, lendo e escribindo, traballaremos estas habilidades lingüísticas básicas, mediante a exposición directa na aula a un uso auténtico do idioma. Fomentamos a participación activa do alumnado e facendo fincapé nos aspectos de maior dificultade e nas dúbidas de tipo teórico-práctico, coas que se enfrontan tanto na oralidade coma na escrita, na súa práctica diaria como usuarios da lingua galega.

O curso, de 40 horas, é de balde.

Datas:
6, 7, 13, 14, 20, 21 de febreiro; 6, 7, 13, 14, 20, 21, 22 de marzo; 3, 4, 5 de de abril do ano 2017

Lugar: 2.º andar do Centro Local de Emprego e das Ocupacións (edificio Fernando Carreras, da rúa Areal-O Porto -antiga reitoría-)

Horario: de 18:30 a 21:00

Para inscribirse deben enviar un correo electrónico a actividades.snl@vigo.org cos seus datos (nome completo e teléfono). Poñer no asunto: curso de galego nivel 1
Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL