Cursos celga e de linguaxe administrativa (2019-2020)
O DOG do 20 de agosto publica a convocatoria, con caracter gratuíto, de cursos de linguaxe administrativa e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga)
Esta convocatoria de cursos de linguaxe adminsitrativa e de cursos preparatorios para os certificados de galego, oferta cursos en Vigo. Os coñecidos como "cursos Celga" realizaranse na Escola Oficial de Idiomas de Vigo.
Os cursos de Celga son presenciais.
Os cursos de linguaxe administrativa serán EN LIÑA.
Para os cursos entre febreiro e maio de 2020, o PRAZO comeza o 30 DE DECEMBRO e remata o 10 DE XANEIRO.
As solicitudes presentaranse a través da páxina www.eoidigital.com/preinslinguagalega (para iniciar a preinscrición deben premer na palabra Identificación, que está arriba á esquerda).
Achegamos máis información no documento que se axunta.
Volver atrás