Curso do Concello de Vigo de lingua galega nivel 1 (outubro, novembro e decembro 2020)
Datas: 19, 20, 26, 27 de outubro; 2, 3, 9, 10, 16, 17, 23, 24, 30 de novembro; 1, 2, 3 de decembro de 2020 (se teñen dúas faltas, daráselles de baixa do curso)
Horario: de 18:00 a 20:30
Lugar: Auditorio Mar de Vigo, 5ª planta (entrada pola porta da UNED-Avda. Beiramar, 59)
Impartido por: Ana Facchini
Inscricións na web do Servizo de Normalización Lingüística cubrindo o formulario Inscrición (no título da actividade poñer: lingua galega nivel 1)
Destinado a persoas de dentro e fóra de Galicia con poucos coñecementos da lingua galega. Gratuíto.
Metodoloxía práctica e participativa.
Por mor da Covid-19, as persoas deben levar máscara e material propio. Terán que cumprir as normas do protocolo Covid que se establecerá para o obradoiro.
O protocolo achegaráselles para o seu coñecemento no momento da preinscrición e terá que ser remitido (asinado) ao Servizo de Normalización Lingüística 1 día antes do inicio do obradoiro.
Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org