Quere ser unha invitación a se achegaren as nenas e os nenos e a mocidade á lingua e cultura galega mediante diferentes actividades nas que o galego, amais de lingua vehicular, é lingua de aventura, aprendizaxe, misterio, encontro, investigación... Gozar aprendendo e aprender gozando a través e coa lingua de noso, resume o espírito destas actividades.

Comparte o galego con nós
Proposta de materiais para a aprendizaxe da lingua galega da Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.