SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Novas

Novas

Esta actividade pertence ao programa:

Comparte o galego con nós

Unidade didáctica "NA ESCOLA"

Unidade didáctica "NA ESCOLA"

Material de traballo para as escolas infantís. Cuartetos que expresan as rutinas do día a día na escola con pictogramas que as ilustran e partitura para que estes xestos e hábitos cotiáns sexas aprendidos dun xeito máis doado e lúdico.

O Concello de Vigo edita este material didáctico dirixido a traballar coas crianzas nos primeiros anos do seu achegamento á escola. Adela Pintado,  educadora infantil , é a autora deste traballo, que como ela indica xorde da "reflexión sobre o noso labor (das educadoras) e sobre a necesidade de material real, próximo e adaptado, que nos servise de axuda no día a día na escola".

O material preséntase distribuído nas diferentes actividades dun día, das xornadas na escola: a chegada, a autonomía persoal, no comedor, na aula... Eses hábitos cotiáns están expresados en cuartetos, xa que estes pequenos poemas axudan a memorizar secuencias, xestos, actividades... E son ilustrados con pictogramas para facilitar a comprensión por parte das crianzas. A música axudará a que as aprendan de xeito lúdico.

Achegamos este material en formato pdf. por se houber quen considere  a súa utilización nas aulas ou noutros ámbitos.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS TOPONIMIA DE VIGO RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL