Esta actividade pertence ao programa:

CANTA CONNOSCO! (16 febreiro 2019)
Espectáculo infantil
En Canta connosco! combínanse as cancións do disco do mesmo nome con accións dramáticas. Os temas que se tratan, entre outros, son: o coidado das mascotas; o consumismo na compra de xoguetes; a lectura como pracer e aprendizaxe fronte ao exceso de TV e de videoxogos; a importancia da imaxinación; o xogo do teatro; cancións que axudan a estudar etc.
Os temas do disco que se interpretan neste espectáculo son: “Dime que fixeches”, “O esqueleto”, “O libro máxico” e “Ai, Patín!”. A música está gravada (toca unha banda de pulgas), mais as voces solistas son en vivo.
Volver atrás