PRAZO DE INSCRICIÓN
PECHADO

Os libros ao sol, xullo 2018
Un novo programa de dinamización da lingua galega nace este verán... OS LIBROS AO SOL.
Unha campaña de fomento da lectura en galego dirixido a todos os treitos de idade: infantil, xuvenil e adulto.
Os libros ao sol é unha biblioteca que achega á praia, concretamente na Argazada (no paseo de Samil) libros e actividades durante o mes de xullo.
É un programa das concellarías de Xuventude e Normalización Lingüística que conta coa colaboración das editoriais Elvira, Galaxia, Ir Indo e Xerais.
Biblioteca: en horario de mañá (de 10.00 a 13.30 h) e de tarde (de 16.00 a 20.00 h) estará á disposición de quen o desexe unha ampla variedade de libros de todos os xéneros e, asemade, haberá contos, cantos, música, xogos... agasallos e concursos
Reportaxe na TVG (06-07-2018) sobre o programa Os libros ao sol
Volver atrás