Esta actividade pertence ao programa:

Eira Xandobeleira en Os libros ao sol
31 de xullo de 2018
Retómanse as actividades do programa Os libros ao sol.
E hoxe toca xogar en dobre sesión con Eira Xandobeleira, en horario de 12:00 a 13:00 h pola mañá e de 16:30 a 17:30 h pola tarde.
A "Eira Xandobeleira" é unha ludoteca itinerante composta por unha colección de xogos para todas as idades elaborados artesanalmente e inspirados en xogos tradicionais de épocas e lugares diversos que sempre está lista para ir a onde for chamada e haxa ganas de xogar e de pasalo ben: xogos lingüísticos, de gran formato, de precisión, de lanzamento, de habilidade, de enxeño, de cooperación... Enredos simples e artesanais sen necesidade de pilas, plásticos ou luces de neón para xogar na nosa lingua.
Volver atrás