Entrégase de balde na oficina de Normalización Lingüística da Casa do Concello (praza do Rei, 1-1.ª planta)
Esta actividade pertence ao programa:
Reparto libros da Toponimia do Val do Fragoso
Último volume 8 da Toponimia Val do Fragoso. Valadares
O Concello de Vigo en colaboración coa Universidade de Vigo, acaba de publicar o libro Toponimia do Val de Fragoso, Valadares, este é o oitavo volume dunha colección con ánimo de seguir medrando e que neste momento presenta os seguintes volumes:
Volume 1 Toponimia do Val de Fragoso Coia (esgotado na edición en papel)
Volume 2 Toponimia do Val de Fragoso Lavadores
Volume 3 Toponimia do Val de Fragoso Beade
Volume 4 Toponimia do Val de Fragoso Freixeiro e Sárdoma
Volume 5 Toponimia do Val de Fragoso Comesaña
Volume 6 Toponimia do Val do Fragoso Bembrive (esgotado na edición en papel)
Volume 7 Toponimia do Val do Fragoso Candeán
Volume 8 Toponimia do Val do Fragoso Valadares
Estes libros son moi apreciados pola veciñanza, así como por diferentes departamentos do propio Concello, como Urbanismo ou Estatística, así como outras Institucións.
Os topónimos son parte do noso ser, da nosa configuración como pobo, fálannos da nosa historia, da vida de antano que foi configurando a de hoxe. Xa daquela, non son só xeolocalizadores, senón informadores e transmisores de información diversa: fauna, flora, costumes, persoeiros, xeitos de cultivar a terra, cultivos, industria... Daquela esa necesidade que se aprecia para a súa recollida, corrección e transmisión a vindeiras xeracións, xa que con eles legamos o pasado.
Asemade dende a Concellaría de Normalización Lingüística, e aproveitando toda esa información que nos achega a veciñanza das diferentes parroquias viguesas, organízanse paseos literarios con rutas específicas non só para o coñecemento dos propios topónimos do lugar senón tamén de lendas, historias e outras tradicións que levan consigo.
Estes libros son de balde e entréganse na Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo (en horario de mañá).
Volver atrás