Esta actividade pertence ao programa:
Presentación do libro Toponimia do Val do Fragoso. 5. Comesaña
Presentación dun novo libro sobre a toponimia do val de Fragoso. Comesaña
O vindeiro venres, 5 de outubro a partir das 20.00 h no local da S.V.C.D. Nautilius terá lugar a presentación do libro de Anxo Rodríguez Lemos sobre a toponimia da parroquia de Comesaña.
Este libro supón un novo traballo máis de estudo, posta en valor e transmisión da toponimia do val de Fragoso, da toponimia viguesa. Esta colección é froito da colaboración entre o Concello e a UVigo, á que se suma neste caso a Comunidade de Montes de Comesaña. Foron moitas e moitos os veciños da parroquia que fixeron posible co seu saber, testemuños e recordos este libro. A todas e todos o noso agradecemento e convite para vernos o vindeiro venres na presentación.
Volver atrás