SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Novas

Novas

Esta actividade pertence ao programa:

Toponimia de Vigo

Presentación do libro "Toponimia do Val do Fragoso. 4. Freixeiro e Sárdoma", maio 2016

Presentación do libro "Toponimia do Val do Fragoso. 4. Freixeiro e Sárdoma", maio 2016

REMATADA
Nesta presentación, Henrique Costas, profesor da Universidade de Vigo e natural dunha destas parroquias -Sárdoma- falaranos sobre a relevancia da toponimia e, en concreto, dos nomes de lugar destas dúas parroquias.

A presentación terá lugar:

Martes, 10 de maio
Ás 20:00
No IES Santa Irene (praza de América)


Invitamos a esta presentación a cantas persoas queiran achegarse.

O Concello de Vigo, a través da Concellaría de Normalización Lingüística e en colaboración coa Universidade de Vigo (UVigo), está a levar a cabo un labor de recollida e posta en valor da toponimia viguesa.

Este traballo, no que tamén colaboran en certas parroquias, comunidades de montes, é unha aposta colectiva para coñecernos máis sobre a nosa cidade. E é este un traballo colectivo no que a voz, o saber, os recordos das xentes do lugar son imprescindibles.

Os nomes de lugar, os topónimos, dannos información sobre tempos pasados (uns máis achegados outros máis remotos) e asemade, sérvennos para localizar referencias da nosa vida cotiá. Xa daquela, adóitase dicir, que a Toponimia (o conxunto dos nomes de lugar) é o libro da historia dun lugar, mentres que cada topónimo narra un capítulo desa historia común.

A “Toponimia do Val do Fragoso” é unha colección, publicada polo concello e a universidade, que recolle e dá a coñecer os nomes de lugar das parroquias viguesas. Coia, Lavadores e Beade son os tres volumes xa publicados.

Publicamos agora o cuarto volume correspondente ás terras de Freixeiro e Sárdoma, sendo Iván Sestay Martínez, o autor do libro.

Nesta presentación Henrique Costas, profesor da UVigo e natural dunha destas parroquias -Sárdoma- falaranos sobre a relevancia da toponimia e, en concreto, dos nomes de lugar destas dúas parroquias.

A presentación terá lugar:

Martes, 10 de maio
Ás 20:00
No IES Santa Irene (praza de América)

Invitamos a esta presentación a cantas persoas queiran achegarse.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL