SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Novas

Novas

Documentación
cartel presentación

Esta actividade pertence ao programa:

Toponimia de Vigo

Presentación do libro de toponimia de Beade

Presentación do libro de toponimia de Beade

REMATADA
O 23 de outubro a partir das 20.00  no Centro Cultural de Beade (Estrada Coutada, 42) presentación do libro sobre a toponima de Beade por Lorena Carrasco e Gonzalo Navaza.

Continúa a publicación dos volumes que recollen a toponimia das parroquias do val de Fragoso.
Presentamos o 3.º volume da colección "Toponimia do val do fragoso" que corresponde á parroquia de Beade. O traballo de campo e a redacción do libro foi realizado conxuntamente por Gonzalo Navaza e Lorena Carrasco.
Este labor de recollida, recuperación e posta en valor da toponimia viguesa é froito da colaboración da Concellaría de Normalización Lingüística e da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e sempre grazas ás achegas, descubertas e tesouros que nos ofrecen e comparten as xentes que viven e viviron nestas terras. Grazas á colaboración da asociación veciñal e da Comunidade de Montes de Beade
Moitas grazas a todas as persoas que fixestes e facedes posible que coñezamos anacos da nosa historia que nos permita seguir tecendo o noso futuro, un futuro  de noso!!

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS TOPONIMIA DE VIGO RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL