Obradoiros de escrita, novela, relato ou poesía da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia (2023)
Rematado o prazo de presentación de solicitudesPoderá participar calquera persoa interesada de 16 anos ou máis, xa que non é preciso que o alumnado teña coñecementos previos, e o material proporcionarallo a propia escola.
Inscrición:
Para formalizar a inscrición deberase enviar un correo electrónico a escoladeletras@editorialgalaxia.gal, no que se indiquen:
Nome completo da alumna ou alumno
Correo electrónico
Número de teléfono
No asunto e no corpo do correo electrónico sinalaranse a ou o docente e o obradoiro no que se desexa inscribir, por orde de preferencia. Cada persoa poderá anotarse nun máximo de dous cursos durante este ano
Deberase enviar unha solicitude de inscrición para cada curso.
As prazas adxudicaranse por estrita orde de chegada das solicitudes ata completar o límite de persoas establecido para cada curso.
Terán preferencia as persoas que non participasen con anterioridade en ningún obradoiro.
En Vigo, na sede da Deputación de Pontevedra (rúa Eduardo Chao, 17)
En Pontevedra, na sede da Deputación de Pontevedra