Esta actividade pertence ao programa:

Entroido en Bouzas 2024
Xa temos plan para o Entroido 2024 nas rúas de Bouzas.
O sábado 10 de febreiro pola tarde [ADIADA], toda a veciñanza e visitantes a disfrazarse e a bailar co marabilloso grupo SEHIBA na Alameda. O concerto será ás 18:00, pero xa andaremos pola Alameda a iso das 17:00.
E o sábado 17 de febreiro tamén ás 18:00 o xa mundialmente coñecido ENTERRO DA RINCHA, con velorio na Alameda, testamento na praia do Adro e saída cara ao mar desde o peirao de embarcacións tradicionais da Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos San Miguel de Bouzas, a quen lle agradecemos a súa colaboración.
Veña, xente, a rebuscar máscaras, perrucas, sombreiros... para toda a familia e así desfrutar do entroido en Bouzas.
Vémonos nas rúas.