Esta actividade pertence ao programa:
Samaín en Bouzas (28 outubro 2023)
Xa está aquí o outono e con el O SAMAÍN, unha festa que A Cultural ven celebrando desde hai anos na Alameda de Bouzas.
A tarde do sábado 28 de outubro a partir das 17:00 h tedes unha cita en Bouzas co mundo das meigas, cabazas, zombis, vampiros... Contamos con que veñades disfrazados/as e con ganas de pasalo de medo.
Ás 17:30 h no palco da Alameda, Charlatana Cultural presenta un espectáculo terroríficamente divertido: A Casa Encantada, dirixido ao público infantil e familiar.
Achégate e descubre o que lle ocorreu ao Mago Paco o día que entrou na Casa Encantada.
No caso de chuvia, notificaríamos ubicación para esta actuación.
Haberá música, tatoos e se vos animades, procesión terrorífica polo casco vello de Bouzas.