Concurso Lingua de Namorar 2024
Obxectivos:
Dinamizar o uso da lingua galega entre as mozas e mozos nas súas relacións persoais e nas tecnoloxías da información e da comunicación, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.
Incrementar a percepción do galego como unha lingua que é útil para os momentos de lecer e de diversión.
Persoas destinatarias e categorías:
Lingua de namorar é un concurso dirixido a toda a mocidade con idades comprendidas entre os 14 e os 35 anos.
Establécense tres categorías de idade:
• Categoría A: de 14 a 19 anos
• Categoría B: de 20 a 35 anos
• Categoría C: de 14 a 35 anos