SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

NOVAS

NOVAS

  • VI Premio Lingua de Namorar

    VI Premio Lingua de Namorar

    Rematado o prazo de admisión dos textos

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca a que é a sexta edición do Premio Lingua de Namorar.

    Quen pode concursar?

    O premio está dirixido a mozos e mozas de entre 14 e 35 anos que poden enviar ao certame un máximo de dous textos de amor.

    Como participar?

    Cada concursante pode enviar un máximo de dous textos (a extensión máxima de cada un non pode superar os 350 caracteres). As mensaxes, que deben estar escritas en lingua galega, poden ser en prosa ou en verso. O prazo para presentarse a este certame está aberto ata o día 29 de xaneiro deste 2018.

    Entrega de premios:

    O día 14 de febreiro, coincidindo co Día dos Namorados, realizarase a entrega de premios nun acto público que se celebrará no Museo do Mar de Vigo.

    Ver máis…
  • XXI Certame de Poesía Concello de Carral

    XXI Certame de Poesía Concello de Carral

    Rematado o prazo de admisión dos textos


    O Concello de Carral, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convoca a vixésimo primeira edición do seu certame de poesía.

     
     
    A el poderán optar todos os autores e autoras maiores de idade e de calquera nacionalidade que non gañasen o certame nas oito edicións anteriores e que presenten unha peza inédita dunha extensión mínima de 500 versos escrita en lingua galega. As obras presentaranse na Biblioteca Pública Municipal de Carral e o prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 7 de abril de 2018.
     
    Ver máis…
  • Letra conCiencia!!! novembro 2015

    Letra conCiencia!!! novembro 2015

    REMATADA
    Baixo este nome imos presentar mañá, xoves 12 de novembro, un programa de actividades dirixido ao alumnado dos centros de ensino de Vigo. Programa organizado pola Escola de Enxeñería de Telecomunicacións da UVigo, e no que colaboramos a Área de Dinamización Lingüística da UVigo e o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Vigo.

    Ver máis…
  • Mes das ciencias en galego, novembro 2014

    Mes das ciencias en galego, novembro 2014

    REMATADA
    No curso 2010-2011, o SNL xunto cos equipos de dinamización e a Uvigo artellou un programa de actividades tendentes a mostrar e demostrar que podemos falar, estudar e facer actividade científica en galego. Tratábase de dignificar a lingua de noso, de romper prexuízos e desbotar falsas ideas como que o galego é a lingua da cultura pero non da ciencia.

    Ver máis…
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL