SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Actividades

Actividades

Esta actividade pertence ao programa:

Festas cíclicas

Obradoiro Científico do Samaín (30 outubro 2021)

Obradoiro Científico do Samaín (30 outubro 2021)

<p>S&aacute;bado, 30 de outubro na <a href="https://www.google.es/maps/place/R%C3%BAa+das+Teixugueiras,+18,+36212+Vigo,+Pontevedra/@42.2110958,-8.7552987,122m/data=!3m1!1e3!4m5!3m4!1s0xd258a04220a79d1:0xc2f584652d5064c!8m2!3d42.2113442!4d-8.7552156?hl=gl">r&uacute;a das Teixugueiras (Navia) na praza da Lagoa, entre os n&uacute;meros 18 e 20</a></p>
<p>Idades recomendadas: a partir de 6 anos</p>

Duración de cada obradoiro: 20-25 minutos

 

- Que imos facer?:

Cociñando o Samaín. O obradoiro mestura ciencia, cociña e Samaín, explorando a través de receitas sinxelas e fascinantes a relación entre ciencia e cociña.
Prepararemos cócteis terroríficos e sobremesas de cociña molecular utilizando os produtos típicos da época.

Slime terrorífica. A través da fabricación do noso propio slime iremos descubrindo a química e aprendendo a medir cantidades con precisión e seguir un protocolo científico. Para darlle un aspecto moi do momento, ao acabar decoraremos o noso slime utilizando elementos propios do Samaín (ollos, purpurina negra e laranxa, etc…) ata convertela nunha pasta cientificamente terrorífica

Postais sinistras. No obradoiro nos adentraremos no mundo da construción en papel mesturándoa co mundo Maker. Os rapaces e rapazas participantes na actividade construirán unha figura terrorífica decorando un modelo da súa elección e posteriormente incorporarán nel luz utilizando cinta condutiva e leds.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS TOPONIMIA DE VIGO RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL