Esta actividade pertence ao programa:
Obradoiro Científico do Samaín (31 outubro 2021)

Domingo, 31 de outubro de 12:00 a 14:00 na pista deportiva de fútbol da rúa Merlo (A Doblada, Calvario)

Idades recomendadas: a partir de 6 anos

Duración de cada obradoiro: 20-25 minutos
- Que imos facer?:
Cociñando o Samaín. O obradoiro mestura ciencia, cociña e Samaín, explorando a través de receitas sinxelas e fascinantes a relación entre ciencia e cociña.
Prepararemos cócteis terroríficos e sobremesas de cociña molecular utilizando os produtos típicos da época.
Slime terrorífica. A través da fabricación do noso propio slime iremos descubrindo a química e aprendendo a medir cantidades con precisión e seguir un protocolo científico. Para darlle un aspecto moi do momento, ao acabar decoraremos o noso slime utilizando elementos propios do Samaín (ollos, purpurina negra e laranxa, etc…) ata convertela nunha pasta cientificamente terrorífica
Postais sinistras. No obradoiro nos adentraremos no mundo da construción en papel mesturándoa co mundo Maker. Os rapaces e rapazas participantes na actividade construirán unha figura terrorífica decorando un modelo da súa elección e posteriormente incorporarán nel luz utilizando cinta condutiva e leds.