SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Actividades

Actividades

Esta actividade pertence ao programa:

Datas conmemorativas

Exposición "Xela Arias. A poesía do retrato"  de 2021

Exposición "Xela Arias. A poesía do retrato" de 2021

Do 13  de setembro ao 29 de outubro

Entrada gratuíta ata completar a capacidade

Horario de apertura ao público:

De martes a venres, de 17:00 a 20:00

Sábados, domingos e festivos, de 12:00 a 14:00

Xela Arias é a quinta muller homenaxeada nos máis de 50 anos de celebración das Letras Galegas.
Muller creadora cuxa voz singular contribuíu a renovar a poesía galega dos anos 80 en temas, estilo
e forma. Unha voz profunda, reflexiva e transgresora que a través da palabra procura novos espazos
para afirmar a perspectiva feminista ou para denunciar a orde social opresora.
Xela Arias representa unha muller anticipada ao seu tempo e por iso ten a capacidade de conectar
coas xeracións do século XXI. Desde os seus fascinantes retratos en branco e negro, realizados
por Xulio Gil, a súa mirada chea de mocidade e valentía, é capaz de espertar o interese de quen
a observa.
Xela Arias supón unha oportunidade para chegar aos novos públicos da literatura galega e para
reconectar a celebración das Letras coa sociedade.
Unha imaxe icónica, unha voz poderosa e aire fresco para renovar a celebración das Letras.

Ligazón co lugar da exposición (google maps)

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL