Esta actividade pertence ao programa:
Obradoiro sobre Natureza e o Samaín (31 de outubro 2021)
Domingo 31 de outubro, de 12:00 a 14:00 na rúa das Teixugueiras (Navia) na praza da Lagoa, entre os números 18 e 20
Idades recomendadas: de 5 até os 11 anos
IMPRESCINDIBLE: cada participante debe traer cadansúa cabaza
Duración: 60 minutos
A cativada participante de pouca idade pode estar acompañada por unha persoa adulta.
O Samaín é unha das festas culturais galegas que nos entronca directamente con outras culturas europeas. Significa a fin das colleitas, o comezo do silencio do inverno ou a comuñón entre as persoas vivas e as mortas...
A actividade, na procura da comprensión destes significados, participa coa elaboración dun pequeno conto oral que irán creando as persoíñas con termos ligados ao Samaín e a decoración de cabazas con pinturas por parte delas.