SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Actividades

Actividades

Esta actividade pertence ao programa:

Festas cíclicas

Obradoiro Fotoconto sobre o Samaín (31 outubro 2021)

Obradoiro Fotoconto sobre o Samaín (31 outubro 2021)

Domingo 31 de outubro, de 12:00 a 14:00 na rúa das Teixugueiras (Navia) na praza da Lagoa, entre os números 18 e 20

Idades recomendadas: de 8 até os 12 anos

MOI IMPORTANTE: Antes de comezar a actividade cómpre cubrir e asinar unha ficha na que se autoriza a facer fotografías coas que as e os cativos farán cadanseu fotoconto

Duración: 90 minutos

 

Crearemos un conto no que nós seremos protagonistas e onde pasará o que nos queiramos que pase. Realizaranse unha morea de fotos de todos os nenos e nenas asistentes para poder tratalas e que pasen a estar dentro do conto. Rematará a actividade realizando unha proxección do “fotoconto” perante os rapaces e rapazas que participaron no obradoiro.

 

Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL