Actividade a través da que queremos achegarmos á realidade a través de quen a viviu e vive. Os libros que poboan os nosos andeis son persoas, verdadeiros tesouros, libros vivos, que nos enfeitizan coas vivencias que transmiten. A Biblioteca Vivente é un proxecto educativo e cultural que pretende achegar coñecementos ás persoas dun xeito ameno, directo e participativo. É un proxecto de dinamización do coñecemento que convida a indagar e a descubrir aspectos novidosos sobre o tema proposto dende a propia experiencia e dende os propios intereses. Axuda a combater o descoñecemento, ignorancia, prexuízos e estereotipos dunha maneira activa e vivenciada.
Bibliotecas viventes
Proposta de dinamización da lingua galega da Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
Programa pechado.