Este proxecto traballa co dobre valor do cine, o valor educativo (empregar o cine como fonte de coñecemento) e o valor como medio de ocio (entretemento e lecer). Esta acción presenta o cinema como ferramenta pedagóxica. A película é o punto de partida dunha reflexión sobre a lingua, e sobre a súa utilidade nos distintos escenarios.
A actividade conta cunha unidade didáctica para traballar antes da película, durante a súa proxección e mesmo con actividades para continuar traballando despois de ver a película.