Esta actividade pertence ao programa:
Unha lección de cine, outubro 2013
REMATADA
Unha lección de cine no auditorio municipal... este mércores "O club da calceta"
Volve o programa dirixido á poboación escolar "Unha lección de cine"
Volve e con novidades, xa que se proxectarán filmes baseados en novelas escritas por autores e autoras galegas, con quen logo teremos ocasión de dialogar sobre o libro e mais o filme.
Este venres traemos "O Club da calceta" baseado na novela de igual nome e da autoría de María Reimóndez
Cinco mulleres de diferente condición, idade e orixe social apúntanse a clases de punto. Este pequeno vínculo, insulso e insignificante a ollos dos demais,convértese nun nexo de unión destas mulleres tan diferentes entre si. A través dos seus encontros, van espíndose dos seus temores e angustias provocadas por unha sociedade machista. Esta unión darlles a forza individual a cada unha para loitar por un cambio nas súas vidas e, tamén, unirán os seus esforzos para se axudaren. Algún homes caerán vítimas dos fíos invisibles que se irán tecendo por toda a cidade; fíos que cada vez chegan máis lonxe e que se agarran máis forte ...
Volver atrás