SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

ACTIVIDADES

  • Roteiro literario e toponímico pola Ría de Vigo e a Illa de Ons, 20 xuño 2015

    Roteiro literario e toponímico pola Ría de Vigo e a Illa de Ons, 20 xuño 2015

    REMATADA. COMPLETAS TODAS AS PRAZAS
    A Concellaría de Normalización Lingüística organiza un roteiro literario e toponímico pola Ría de Vigo e a Illa de Ons. Seguiremos o desenvolvemento da novela Os fillos do mar, de Pedro Feijoo e coñeceremos máis sobre os nomes de lugar da nosa ría.
    Guiarán este percorrido Pedro Feijoo, Xosé Lois Vilar (arqueólogo) e Gonzalo Navaza (investigador da toponimia).

    Itinerario
    -Data: sábado, 20 de xuño de 2015
    -8:30: reunirémonos a carón da estatua de Julio Verne (nas Avenidas, ao carón do Náutico) para dende alí achegarnos ao peirao para embarcar.
    -9:00: saída do barco do peirao
    -Travesía e visitas á illa, guiadas. Nelas falaremos dos lugares da novela, dos naufraxios e da toponimia da illa e da ría
    -Cada viaxeiro poderá traer a súa comida ou concorrer aos restaurantes da illa
    -18:30: saída rumbo a Vigo

    Prezo: 10 euros (travesía e visitas, non inclúe comida)

    Reservas de praza:
    a) Dende o 8 de xuño, de luns a venres, de 10:00 a 13:00 no teléfono 986 36 05 75 (Instituto de Estudos Miñoranos)

    b) De lle confirmar a praza, deberán facer o aboamento na conta corrente
    2080.5035.07.3040014164 de ABANCA

    c) No “concepto” do depósito debe constar a indicación “Ons” acompañada dos números de viaxeiros que se lle outorgarán na reserva telefónica. Logo deben enviar o comprobante do ingreso ao correo electrónico oficina@minhor.org

    d) IMPORTANTE: de non enviar o comprobante antes do día 17 de xuño, será eliminada esa reserva


    Ver máis…
  • Contadas do alumnado do CIOV, maio 2015

    Contadas do alumnado do CIOV, maio 2015

    REMATADA
    O alumnado do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo CIOV fará unha contada infantil e outra para público adulto neste mes de maio

    INFANTIL: mércores, 27 a partir das 18:00 na librería Andel (rúa Camelias, 102)
    ADULTOS: venres, 29 a partir das 20:00 no café De Catro a Catro (rúa Girona, 16)

    Ver máis…
  • CIOV-Contada para público adulto, marzo 2015

    CIOV-Contada para público adulto, marzo 2015

    REMATADA
    O 20 de marzo celebouse o Día internacional da narración oral.
    Dende a Concellería de Normalización Lingüística queremos celebrar esta data cunha contada colectiva do alumnado do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo para PÚBLICO ADULTO

    Terá lugar en Detrás do Marco (rúa Londres, s/n) ás 20:00 o día 26 de marzo (xoves)
    Entrada de balde

    Ver máis…
  • Espectáculo musical para público familiar "Unha viaxe polo mundo", decembro 2014

    Espectáculo musical para público familiar "Unha viaxe polo mundo", decembro 2014

    Actividade rematada


    As Maimiñas somos Mai e Miña, ou o que é o mesmo, Lucía e Irene, dúas amigas que un día decidimos saír a camiñar... e andando, andando, andando... polo mundo enteiro fomos viaxando.
    Visitamos altas montañas, grandes desertos, longas murallas... e andando, andando... aprendemos que o mundo é un lugar precioso, que hai tantas xentes coma músicas, que hai tantos ritmos coma corazóns diferentes... e aprendemos tamén que a todas e todos os habitantes desde planeta o que máis lle gusta é o mesmo que a nós: cantar e bailar!

    Ver máis…
  • Cursos de sombras chinesas con Tanxarina, outubro 2014

    Cursos de sombras chinesas con Tanxarina, outubro 2014

    Xa podes inscribirte nos obradoiros de sombras chinesas impartidos por Tanxarina e que terán lugar no Verbum
    Os cursos son gratuítos.
    Para se inscribir cómpre enviar cuberto o boletín de inscrición (ou ben é suficiente poñer a información solicitada no corpo do correo) ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org
    Achegámosvos os dous boletíns.
    As prazas son limitadas.

    Ver máis…
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS TOPONIMIA DE VIGO RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL