SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

ACTIVIDADES

  • Percorrido literario "Barricadas de sal", 21 outubro 2017

    Percorrido literario "Barricadas de sal", 21 outubro 2017

    REMATADA

    SÁBADO, 21 DE OUTUBRO de 2017

    Hora de saída: ás 11 horas (só poden asistir as persoas previamente inscritas)

    Punto de encontro: No MERCADO DE TEIS

    Inscrición: Deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 a 14:30
    Praza de inscrición: Dende o día 11 de outubro e ata completar as prazas
     
    Ver máis…
  • VIGO ARRÓLATE!, outubro 2017

    VIGO ARRÓLATE!, outubro 2017

    REMATADA

    VIGO ARRÓLATE! é un programa dirixido a vós, familias que estades a preparar a chegada dunha ou dun novo membro, ou que acabades de o ter ou adoptar.

    É un momento de cambios, e queremos achegarvos (in)formación para esta nova etapa que encetades; actividades que agardamos sexan do voso interese e contarmos así coa vosa presenza e suxestións.

    As crianzas van ver en vós un espello, vades ser o modelo para seguir. O que lles falades, cantedes, contedes, leades... van prender nelas como xermolo do seu mañá. E queremos que ese xermolo prenda na lingua de noso, que acompañe os nosos cativos e cativas no seu medrar porque no seu futuro está tamén o da nosa lingua.

    Vigo arrólate! son obradoiros, charlas, contadas, música, xogos... para compartirdes coas vosas crianzas e para garantirlle Mil primaveras máis á nosa lingua!
     
    Toda a información das actividades (datas, horarios, inscrición, etc.) poden consultala no seguinte enlace: premer en +ampliar
     
    Ver máis…
  • Curso de achegamento á lingua galega "Achégate ao galego nivel 2", outubro-novembro 2017

    Curso de achegamento á lingua galega "Achégate ao galego nivel 2", outubro-novembro 2017

    REMATADA

    O curso Achégate ao galego nivel 2 está concibido como unha continuación da formación adquirida nos cursos de achegamento dos niveis anteriores (0 e 1) e diríxese a todas aquelas persoas, de dentro e fóra de Galicia, que posuíndo uns coñecementos xerais do idioma e tendo algunha formación previa en lingua galega, busquen mellorar e ampliar a súa competencia lingüística no uso do galego estándar.

    Proba de nivel: Co obxecto de conseguir unha maior homoxeneidade na formación do grupo e garantir o máximo rendemento e aproveitamento do curso, no primeiro día de clase farase unha proba de nivel para avaliar o grao de competencia e o nivel de dominio do idioma do alumnado.

    Datas: 9, 11, 16, 18, 23, 25 e 30 de outubro; 6, 8, 13, 15, 20, 22, 27, 28 e 29 de novembro de 2017

    Horario: Os luns e os mércores, de 18.30 a 21.00 horas

    Lugar: 2.º andar do Centro Local de Emprego e das Ocupacións (edificio Fernando Carreras, da rúa Areal-O Porto -antiga reitoría-)

    Inscrición: Deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (poñer no asunto: curso galego nivel 2)

     

    Ver máis…
  • Curso de escritura creativa para adultos. Obradoiro literario "Aliteraclara", outubro-novembro 2017

    Curso de escritura creativa para adultos. Obradoiro literario "Aliteraclara", outubro-novembro 2017

    REMATADA
    Impartido pola escritora Clara do Roxo

    1. Coñeceremos os elementos para dar formar ao texto
    2. Utilizaremos pequenos textos de autoras e autores de estilos diferentes para facer unha lectura crítica sobre eles
    3. Elaboraremos textos literarios propios en cada sesión
    4. Aprenderemos a crear personaxes e situacións literarias
    5. Faremos un exercicio de síntese, aprenderemos a desprendernos do que sobra no texto unha e outra vez ate atopar a verdadeira esencia da escrita

     

    Ver máis…
  • CIOV-Obradoiro de improvisación teatral outubro-novembro 2017

    CIOV-Obradoiro de improvisación teatral outubro-novembro 2017

    REMATADA

    A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro de improvisación teatral, de 28 horas.

    O obradoiro será fundamentalmente práctico. Calquera concepto teórico desenvolverase a partir das problemáticas prácticas que xurdan no desenvolvemento das clases.

    Este obradoiro está destinado a maiores de 18 anos non profesionais no eido das artes escénicas.

    O obradoiro terá lugar os días 10, 17, 24, 31 de outubro; 7, 14, 21, 28 de novembro de 2017, de 17:00 a 20:00, no IME-Instituto Municipal de Educación (camiño do Chouzo, 2-salón de actos)

    Para se inscribir deben enviar un correo electrónico a actividades.snl@vigo.org, co seu nome completo e teléfono (poñer no asunto: obradoiro teatro)

    Ver máis…
  • CIOV-Cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo, curso outubro 2017-maio 2018

    CIOV-Cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo, curso outubro 2017-maio 2018

    REMATADA

    A Concellaría de Normalización Lingüística, a través do CIOV (Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo), continúa cos cursos de achegamento á improvisación oral en verso e á narración oral
    Tal e como vimos facendo noutros anos, as aulas van programarse desde outubro a maio, curso 2017-2018, en horario de tarde
    O CIOV está no camiño do Chouzo, 2, no Instituto Municipal de Educación (IME)-aula 17
    Os cursos son gratuítos

    As persoas interesadas nestes cursos deben enviar o seu nome completo e teléfono ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (poñer no asunto: cursos ciov)

    Ver máis…
  • No verán... un conto 2017

    No verán... un conto 2017

    REMATADA
    No verán... un conto!


    Chega unha nova edición do programa "NO VERÁN... UN CONTO!" con actividades para público infantil, familiar e adulto.

    Contos, monicreques, obradoiros, xogos tradicionais, música, cantigas, contos en lingua de signos, regueifas... que se espallarán por diferentes zonas do noso concello: Bouzas, Casco Vello, Navia, A Miñoca, Coia, Teis, As Travesas, centro de Vigo, O Calvario, Castrelos...

    As actividades comezan o 7 de xullo e rematan o 1 de setembro.

    Ver máis…
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL