Esta actividade pertence ao programa:
O MAGOSTO chega aos barrios, novembro 2018
Durante o mes de novembro realizaranse diversas contadas para público familiar sobre a nosa festa do magosto e as lendas do Samaín.
Diferentes edificios municipais como a Casa da Xuventude ou o Verbum, e os mercados das Travesas, O Calvario e Teis, e a asociación Novovigo e o Centro Comercial da Laxe, acollerán contadas sobre unha das festas máis senlleiras da tradición cultural galega: o magosto.
Neste cartel podedes ver a programación. Todas as actividades son de libre acceso, agás as que se celebran no Verbum, para as que cómpre recoller invitacións.
Volver atrás